LuaEncubertaA1_LQ-01.jpg

A LÚA VAI ENCUBERTA é a obra gañadora do II Certame Manuel María de Proxectos Teatrais.

O proxecto A LÚA VAI ENCUBERTA xorde da unión das compañías Incendiaria e A Quinta do Cuadrante para poñer en pé un espectáculo multidisciplinar no que reflexionar arredor da identidade a través da música, o movemento, as imaxes e a palabra.

A LÚA VAI ENCUBERTA é unha proposta de teatro documental na que, tomando a peza completa de Manuel María, a equipa dialoga desde a

actualidade coa historia recente de Galicia.

A LÚA VAI ENCUBERTA busca poñer en valor a capacidade educativa do teatro como instrumento de concienciación arredor da nosa identidade, de reivindicación dos nosos dereitos como individuos e como pobo.

A LÚA VAI ENCUBERTA é unha peza que afonda na nosa historia contemporánea, trasladando un debate necesario á sociedade.

A LÚA VAI ENCUBERTA é unha posta en escena dinámica, divertida e emocionante que pode ser vista e gozada por todo tipo de público, sen caer en elitismos escénicos pero sen claudicar da experimentación

artística.

A LÚA VAI ENCUBERTA mestura as formas de teatro máis popular (cabaret, musical, farsa) coas formas contemporáneas de achegarnos ao escénico (teatro documento), baixo o paraugas poético e escénico que ofrecen as palabras dunha voz esencial para comprendernos como

país como é a de Manuel María.

Descargar Dossier

Descargar Rider Técnico

A lúa vai encuberta ten como gran motor a recuperación e a reactivación da memoria para tomar conciencia crítica da realidade que nos atravesa. Partindo da mirada coa que Manuel María selecciona e ordena pasaxes da nosa historia para levar a nosa atención tanto sobre as forzas activas como as que foron ocultadas e silenciadas, a nosa intención é a de cuestionar o relato adquirido e, desde a propia experiencia vital, revisar os prexuízos, os tabús e os silencios que aínda hoxe prevalecen.

Para iso, respectando o texto orixinal, tomamos a peza como mecanismo de xogo e situamos a acción no local de ensaio da Asociación Cultural Auriense. Así, co interese da nosa equipa por indagar na propia historia, a incógnita sobre a disolución do grupo ourensán parecía dialogar co resto da obra construída a base de accións truncadas e de figuras notables con escasa presenza no relato oficial. Durante as reunións de traballo das dúas compañías, constituídas por persoas nacidas despois do 77, a estupefacción ante a escasa representación de Manuel María, así como o descoñecemento do valor de figuras destacadas do nacionalismo e a persistencia de conflitos que minan a potencia de Galicia, guiaron a nosa necesidade de seguir preguntando sobre os motivos polos que atopamos tantos obstáculos mentais á hora de reconstruír parte da historia recente.

Precisabamos un motor para enmarcar a proposta e que conectara honestamente con nós como creadoras e como cidadás co dereito e a obriga de coñecer a súa historia. Tamén precisabamos un espazo versátil para habitar as escenas radicalmente diferentes que propón Manuel María en A lúa vai encuberta. Cando o director do proxecto, Tito Asorey, explicou que adquirira a finais dos anos 90 as cadeiras da Agrupación Cultural Auriense, a peza comezaba a convocarnos. Así, case a modo de constelación, non familiar, mais social, esas cadeiras como testemuñas dun tempo concreto convidaban a intentar facer o que non se puido rematar de facer.

O carácter ‘fragmentario e subxectivo’ que Manuel María defende na presentación da obra supuxo un dos maiores atractivos á hora de pensar o xogo escénico. Esa ruptura permanente permite un eclecticismo estilísticopolos universos tan diferentes que visita. De igual modo, o seu carácter subxectivo posibilita dialogar coa posición política do autor dende a creación, ao tempo que examinamos as nosas certezas e sinalamos a orixe dos nosos receos e ignorancias. Todo no marco dun espazo coral onde se funden tempos e realidades desde 1936 até os nosos días.

IMAXES DO ESPECTÁCULO

CRÍTICAS

"A lúa vai encuberta, a obra de Manuel María, fala de represión e de resistencia, de colonizaciòn e de emancipación, de fascistas que se transformaron en demócratas e de demócratas que alguén transformou en terroristas. A lúa vai encuberta, a montaxe de Incendiaria e A Quinta do Cuadrante, fala do silencio que o ocultou todo. Do pacto de esquecemento que propiciou que os protagonistas da nosa historia contemporánea sexan os eucaliptos, a minería salvaxe, o espolio eólico, a mocidade condenada á emigración(...) " Manuel Xestoso, SERMOS GALIZA. VER CRÍTICA COMPLETA

PRENSA

- "Ourense estreará a obra de Manuel María «A lúa vai encuberta» 44 anos despois" LA VOZ DE GALICIA

​- Vídeo da rolda de prensa. VÍDEO

-- Entrevista no Zig Zag a Tito Asorey. VÍDEO

XIRA

insta-xira21.jpg

EQUIPO ARTÍSTICO

Autor

 Manuel María

 

Dramaturxia

Vanesa Sotelo

 

Elenco

 

Davide González

Melania Cruz

Tito Asorey

Vanesa Sotelo

 

Escenografía e vestiario 

Carlos Alonso

 

Iluminación e proxeccións

Laura Iturralde

 

Espazo sonoro e música orixinal

Davide González

 

Confección de vestiario

Mila Abal

 

Cartelería, vídeo e imaxe gráfica

Lucía R. Regueiro

 

Unidade Didáctica

Melania Cruz

 

Asistencia de escenografía

Dani Rodríguez 

 

Asistencia de iluminación e proxeccións

Denise Freire

 

Axudantía de dirección e produción

Sara Rey

 

Técnico en xira

Xacobo Castro

 

Produción

Incendiaria + A Quinta do Cuadrante

 

Dirección 

Tito Asorey

 

Unha coprodución de Incendiara, A Quinta do Cuadrante, Casa Museo Manuel María, CDG e MITFC, co patrocinio das Deputacións de Ourense, A Coruña e Lugo. 

 

Agradecementos

Auditorio Municipal de Cangas, Teatro Muxicas, ilMaquinario Teatro, Talía Teatro, Sarabela Teatro, Voz Audiovisual, Alberte Ansede, Saleta Goi, Millán Picouto, Xose Lois “O Carrabouxo”, Manuel Guede, ESAD de Galicia, SGAE, Fernando Quirós, Floristería Malopa, Jose Faro “Coti”.