TITO ASOREY
Actor
Director de escena
TITO ASOREY
DIRECTOR DE ESCENA
ACTOR
A VODA DOS PEQUENOS
BURGUESES
DE BERTOLT BRECHT
TEATRO MUXICAS
ESTREADO EN OUTUBRO DE 2012
Este espectáculo foi posto en escena polo elenco habitual do Grupo de Teatro Muxicas, composto por actrices e actores cegos ou cunha deficiencia visual grave. Ademáis de ser representado en Galicia, foi elexido pola ONCE para formar parte da XIV Bienal de Teatro ONCE que se celebrou en Cataluña no ano 2013.
Nove personaxes danse cita para celebrar un acto enormemente popular: unha voda. Nese intre liminar no que semella que todo pode acontecer os poboadores deste microuniverso darán renda solta ás súas paixóns, aos seus desexos, ás súas frutracións e aos seus nervos creando unha espece de "paisaxe humano" que nos servirá para ofrecer un reverso grotesco do espello da sociedade que o teatro debe ser.
SINOPSE
Unha parella de recén casados prepárase para celebrar o seu banquete de vodas na súa casa. O noivo pasou os cinco meses anteriores á voda construíndo a súa casa ideal, con mobles construídos por él mesmo, en cuxa elaboración puxo todo o seu cariño e dedicación. Á voda asisten varios convidados: os respectivos pais dos cónxuxes, unha amiga e un amigo do noivo, a irmá da noiva e dous membros da alta sociedade. Ao longo da festa o que semella comezar cunha elegante velada vaise paseniñamente convertindo nun pesadelo para os noivos: o pai dela non parará de contar historias terribles e sórdidas, o amigo do moivo terá un affaire coa irmá da noiva, a súa amiga cantará unha canción sumamente obscena, a señora rachará unha tras outra todas as cadeiras nas que vaia sentando, e o seu marido sufrirá un ataque de ira contra a súa muller. Pouco a pouco todo aquilo no que os noivos tiñan postas as súas esperanzas irase derrubando, comenzando polos mobles que, ao ser montados cunha cola caseira fabricada polo noivo, iranse desmontando a medida que trancorre a acción. Por último, a señora non terá outra ocorrencia que atacar á noiva, evidenciando que casa porque está preñada.
Todo semella indicar que a noite de vodas vai ser un desastre sen paliativos, pero, unha vez liberados da presión social que todos estes personaxes exercen sobre eles, esqueceránse de todos os seus problemas para adicarse ao que lles pide o corpo: o amor carnal, fonte de felicidade e esquecemento da traxedia cotiá.
FICHA ARTÍSTICA
ELENCO
Aida Saiz
Maria del Carmen Fernandez
Severino Pérez
Chechu Salgado
Andrea Cid
Francisco Gómez
Amelia Taboada
Tito Asorey
Ricardo Rodríguez
DESEÑO DE ESCENOGRAFÍA: Montse Piñeiro
REALIZACIÓN DE ESCENOGRAFÍA: Luis Iglesias "Luchi"
ILUMINACIÓN: Tito Asorey
VESTIARIO: Yaiza Pinillos
UNIDADE DIDÁCTICA: Melania Cruz
AXUDANTE DE DIRECCIÓN: Melania Cruz
DRAMATURXIA E DIRECCIÓN: Tito Asorey




