TITO ASOREY
Actor
Director de escena
TITO ASOREY
DIRECTOR DE ESCENA
ACTOR
REMANENTE#1
DE TITO ASOREY EN BASE Á NOVELA "LOS HIJOS DEL TRUENO" DE FERNANDO LALANA
TEATRO TARUMBA
ESTREADO EN MAIO DE 2006
Este espectáculo foi creado no ano 2006 en base á novela "Los hijos del trueno" de Fernando Lalana, e interpretado polos alumnos da Universidade Laboral de Ourense que integraban o Grupo de Teatro Tarumba. Foi galardoado co Premio Nacional de Teatro Joven "Buero" no ano 2007, outorgado polo Ministerio de Educación e Cultura e pola Fundaciòn Coca Cola, e tivo a oportunidade de ser representado na sede do Centro Dramático Nacional, o Teatro Valle Inclán de Madrid.
Sinopse
A Xerencia Nacional de Ensinanzas Intelectuais decidiu tomar medias drásticas ante o problema do fracaso escolar, polo que a partir de agora, as aulas de todos os institutos do país deberán contar en todo momento con vintedous estudantes, nin un máis nin un menos. O alumnado sobrante destinarase obrigatoriamente aos recén creados "Institutos Remanentes". Está é a épica, cáustica e estrana historia dos alumnos e alumnas do "Instituto Remanente Nº1".
Remanente#1 é unha peza escrita en base a dúas fontes: por un lado, a novela de Fernando Lalana, que nos deu a base argumental do que pretendíamos contar, así como a atmósfera na que se movían os distintos personaxes. O proceso de transformar a linguaxe propia da novela ao feito vivo e dramático do teatro foi realizado en base a improvisacións realizadas polo elenco, de xeito que a peza foise escribindo á medida en que as distintas situacións se ían probando sobre a táboa.
A temática que prevalece no espectáculo é a social, dentro dun esquema de "comedia adolescente" que transgrede o seu ámbito para falar críticamente dun sistema educativo deficiente.
FICHA ARTÍSTICA
ELENCO
Marielvy Martínez García
Ángela Sierra Díaz
Yasmine Docarmo Pereira Nóvoa
Alba Losada Nanín
David Gallego Fernández
Santiago Cuquejo Rivero
Paloma Fidalgo Varado
Tamara Urbano Barja
Cristina Prol Blanco
Aurora García Saura
Andrea Cid Freire
Natalia Forjan Cid
Iria Quintás Ferreño
Sergio Puga Conde
Sandra Gulín Quintas
ESCENOGRAFÍA: Tito Asorey , Alberto Bahón, Teatro Tarumba
VESTIARIO: Teatro Tarumba
MÚSICA EN DIRECTO: Ángela Sierra Díaz
ILUMINACIÓN, DRAMATURXIA, DIRECCIÓN: Tito Asorey


