top of page

TITO ASOREY

DIRECTOR DE ESCENA

ACTOR

O HOME ALMOFADA 

DE MARTIN MCDONAGH

 

ILMAQUINARIO TEATRO

ESTREADO O 3 DE SETEMBRO DE 2012

 

O HOME ALMOFADA é o primeiro espectáculo da compañía ilMaquinario Teatro, creada por Tito Asorey, Melania Cruz, Fran Lareu, Fernando González e Laura Míguez, co que conseguiron unha posición de visibilidade do panorama teatral galego, conseguindo seis nomeamentos aos Premios María Casares, entre eles os de Mellor Espectáculo, Mellor Actor Protagonista e Mellor Dirección. En Maio do ano 2014 estrean a súa versión en español no teatro  El Sol de York, de Madrid. Continúan distribuíndoo nos dous idiomas no ano 2015. 

 

 

 

 

 

 

 

 

 

 

 

 

 

 

 

 

 

 

 

 

 

 

 

 

 

 

 

 

 

 

 

SINOPSIS

 

Nun país totalitario sen nome, a escritora Katurian K. Katurian está sendo interrogada por unha parella de polícias a causa da aparición na cidade dunha serie de cadáveres de nenos, que foron asasinados dun xeito sospeitosamente similar aos que describe nalgúns dos seus relatos. Ela loitará por defender a súa inocencia, pero a situación empeorará ao saber que na cela contigua vai ser tamén interrogada a súa irmá, que padece un forte trastorno psicolóxico a causa dos malos tratos que sufríu sendo nena. Katurian fará todo o posible para librarse desta situación de pesadelo e poder ver á súa irmá. O resultado dese encontro fraternal disipará as dúbidas sobre a autoría dos asasinatos, pero abrirá incógnitas aínda máis preocupantes...

 

O Home Almofada é un thriller que nos fala dun xeito trepidante e cruel, pero tamén tenro, das terribles consecuencias dunha educación baseada na violencia. Fálanos tamén da necesidade humana de imaxinar ficcións, de contar historias como medio para a pura supervivencia en circunstancias límite, unha vía para combater a fugacidade e a brutalidade da vida. Un espectáculo intenso, impactante e dinámico, onde os espectadores pasarán da risa ao estarrecemento en cuestión de segundos...

 

MÁIS INFORMACIÓN SOBRE ESTE ESPECTÁCULO NA PÁXINA WEB DE ILMAQUINARIO TEATRO: AQUI

 

 

 

bottom of page