top of page

TITO ASOREY

DIRECTOR DE ESCENA

ACTOR

UN JUGUETE PARA MARGARITA

DE MARÍA FERNANDA COSÍN

ESCÉNATE S.L.

ESTREADO EN NOVEMBRO DO 2014

 

 

Un Juguete para Margarita é un espectáculo dirixido ao público familiar representado por dúas actrices e un actor e creado para o Museo del Prado no nadal do ano 2013, baixo dirección de Fefa Noia. Posteriormente foi adaptado a nivel escénico e dramatúrxico por Tito Asorey para ser presentado en espazos teatrais de tal xeito que se poida realziar en calquera tipo de espazo onde se poidan proxectar os cadrod, motivo principal desta viaxe polas emocións. 

Con este texto búscase ofrecer información sobre algúns dos cadros máus representativos da historia a través dunha linguaxe amena, divertida e comprensible para os máis pequenos, ao tempo que riguroso na presentación de contidos. 

Un Juguete para Margarita creouse dende o primeiro momento coa premisa de entreter de igual modo a nenos e maiores. A aprendizaxe a través do xogo é unha constante neste texto, e así, acompañados polos actores, os espectadores descobrirán a historia e as personaxes de cadros universais como As Meninas de Velázquez, A Familia de Carlos IV de Goya, o Cabaleiro da Man no Peito do Greco, entre outros, á vez que aprenderán a importancia de valores como a xenerosidade, a sinxeleza, a sinceridade, etc. 

 

FICHA ARTÍSTICA

 

REPARTO

Almudena Ramos

Rafael García

Mercedes Llur

 

VESTIARIO: Deborah Macías

PROXECCIÓNS: Ócar Gómez

ILUMINACIÓN: Tito Asorey

PRODUCIÓN: Santiago Pérez

AXUDANTE DE DIRECCIÓN: Melania Cruz

DIRECCIÓN: Fefa Noia (versión Museo del Prado) / Tito Asorey (versión para teatros)

 

 

bottom of page