TITO ASOREY
Actor
Director de escena
TITO ASOREY
DIRECTOR DE ESCENA
ACTOR
DON JUAN
DE TITO ASOREY SOBRE TEXTOS DE VARIOS AUTORES
TEATRO TARUMBA
Estreado en Maio de 2009
Esta versión contemporánea de Don Juan foi realizada para o elenco de Teatro Tarumba, composto por alumnos da Universidade Laboral de Ourense. Foi o último espectáculo de dita compañía, e ademáis de múltiples premios en Galicia, foi galardoado no ano 2010 co Premio Nacional "Buero" de Teatro Joven, outorgado polo Ministerio de Educación e Cultura e a Fundación Coca Cola, grazas ao cal tivo a portunidade de ser presentado na sede do Centro Dramático Nacional, o Teatro Valle Inclán de Madrid.
O ESPECTÁCULO
Despois de varios anos realizando dramaturxias de textos contemporáneos, dende a dirección de Teatro Tarumba decidiuse levar a cabo a posta en escena dunha peza clásica, aproveitando a experiencia que os integrantes do grupo tiñan adquirido ao longo da súa asistencia durante dous anos ao Festival de Teatro Clásico de Almagro. O decantarnos pola figura de Don Juan foi produto da necesidade de apaixoar ao elenco cunha figura potente, que conectase coa súa xuventude, que simbolizase plenamente esa forza rebelde quen de quebrar todas as normas establecidas para dar renda solta á súa vontade. E é precisamente esta característica do mito á que primamos na nosa versión, que parte do texto de Molière para enriqucerse coas diversas aportacións realizadas por autores como Zorrilla, Albert Camus, Montherlant, Dietrich Grabbe, Lord Byron ou Pushkin. A dramaturxia bebe tamén de fontes máis literarias máis contemporáneas, como Rodrigo García ou Sarah Kane.
Jercy Grotowski afirma no seu libro "Cara un teatro pobre", que o único xeito contemporáneo de revisar un mito é confrontarnos con él, e basándonos nesa premisa fomos construindo o noso espectáculo, unha peza que non trata tanto de "contar" a historia das tropelías e posterior caída de Don Juan, senón de enfrentarnos, dende a nosa visión actual das cousas, con ese mito. Non pretendemos realizar unha crítica do mesmo, senón presentar ao espectador a posibilidade de que no mundo actual exista un home coa capacidade de ser fiel ao seu nome, á súa esencia, aos seus plantexamentos éticos e estéticos ata o final, sen arrepentirse xamáis dos seus actos. Un home que vive apaixoadamente, nun presente perpetuo, sen pensar en absoluto no futuro nin recordar o seu pasado. Que queda de Don Juan hoxe en día? Ten algo de positivo este mito? Como foi cambiando ao longo das épocas?

