TITO ASOREY
Actor
Director de escena
TITO ASOREY
DIRECTOR DE ESCENA
ACTOR
HISTORIA DUNHA BANCA PRIVADA
SOBRE TEXTOS DE FRIEDRICH DÜRRENMATT
TEATRO MUXICAS (ONCE OURENSE)
ESTREADO O 8 DE XULLO DE 2011
“A banca sempre gaña”…esta máxima poucas veces estivo tan de actualidade como nos nosos días…Esta é a historia da Banca Frank, unha institución privada centenaria que opera nos límites da legalidade e da moralidade, conformada por unha serie de personaxes sen escrúpulos cuxos lemas son: “Non facer nunca un negocio honrado” e “Nunca devolver os cartos”. Cando unha pobre muller desempregada, Octavia, comeza a traballar para eles, terá que debaterse entre a súa ética persoal e o mecanismo de avaricia no que se ve atrapada.
En clave de comedia negra e cunha estética achegada ao expresionismo alemán o elenco de Teatro Muxicas tenta por o seu grao de area para tratar de comprender a nosa situación social e económica actual dun xeito crítico e sobre todo, moi divertido!.
SINOPSE
Octavia, cerraxeira de profesión, atopase na ruina máis absoluta. Cando está a piques de suicidarse, enfronte da sede da Banca Frank, sae dela a presidenta de dita entidade e ofrécelle un traballo na súa empresa. Ela acepta encantada, naturalmente. Ao pouco tempo, Francheska V, a muller que lle ofreceu o emprego, finxe a súa morte para cobrar unha sustanciosa paga do seguro. Octavia descobrirá este segredo e a partires de entón darase conta realmente de onde se atopa: a Banca Frank non é senón unha empresa criminal cuxos lemas son dous: "non facer nunca un negocio honrado" e "xamáis devolver os cartos". Pouco a pouco dende a dirección da banca, que se atopa inmersa nunha profunda crise, obligan a Octavia a realizar actividades cada vez máis inmorais, ata que chegan a pedirlle que asasine a un dos seus compañeiros, que semella ter perdido a fe na actividade criminal e parece pretender denunciar as actividades da banca Frank á policía. Octavia pouco a pouco irá perdendo a súa humanidade, e non dubidará en traizoar aos seus xefes no momento no que un anónimo pretende facerlle chantaxe á organización. Como se descubre ao final da peza, ese chantaxista non é outro que o propio fillo de Francheska V, que pasará a ocupar o seu cargo e enfrontarase ao futuro con toda a ambición devoradora da súa xuventude. Un futuro que se adiviña certamente escuro, dado que o presidente da nación fai caso omiso aos desmanes desta banca, e incluso ofrece cartos para que Francheska e o seu marido gocen dunha xubilación de ouro nun país tropical.
FICHA ARTÍSTICA
ELENCO
Aída Sáinz
Maria del Carmen Fernández
Sergio Puga
Isidro Valencia
Amelia Taboada
Ricardo Rodríguez
Yasmin DoCarmo
Severino Pérez
Chechu Salgado
Francisco Gómez
ESCENOGRAFíA: Alberto Bahón
VESTIARIO: Yaiza Pinillos
PROXECCIÓNS: Diego Blanco
DESEÑO GRÁFICO: José Lameiras
ILUMINACIÓN: Tito Asorey
UNIDADE DIDÁCTICA: Melania Cruz
AXUDANTE DE DIRECCIÓN: Melania Cruz
DRAMATURXIA E DIRECCIÓN: Tito Asorey





