top of page

TITO ASOREY

DIRECTOR DE ESCENA

ACTOR

AI CARMELA!

DE JOSÉ SANCHIS SINITERRA

 

TEATRO DE ADRO

ESTREADO EL 21 DE OCTUBRE DE 2010

 

Ante unha situación de crise, cal é a posición que deben de tomar os artistas? Desa pregunta xorde este espectáculo, no que se unen o cabaret, o teatro musical, a comedia máis disparatada e o drama histórico para tratar de dar unha resposta a esa cuestión. Nesta proposta, o Belchite de Sanchis Sinisterra se converte na Galicia de 1938, na que dous cómicos, Carmela e Paulino, son arrestados polo bando nacional e obrigados a realizar unha función para conmemorar a victoria da Batalla do Ebro. Entre o público presente a dita celebración están presentes varios mozos condeados a morte. Paulino, no seu afán de supervivencia, aceptará facelo, pero Carmela, nun xesto que ten que ver máis co seu espírito de xustiza e solidaridade que cun interese político, acaba por non aceptar as ordes recibidas, o que supón a súa morte. A peza estrutúrase a partires das diversas aparicións de Carmela, xa defunta, a un Paulino que tenta seguir vivindo ca súa derrota. 

 

A DIGNIDADE de dous perdedores

A RESPONSABILIDADE coas circunstancias que nos tocou vivir

A MEMORIA dos nosos mortos

 

Estes son os tres eixos principais do espectáculo. Unha montaxe na que a comicidade é o mellor vehículo para reflexionar sobre dous xeitos moi diferentes de enfrontarse ao mundo. 

 

AI, CARMELA! é un espectáculo cómico no que a música en directo ten unha importancia determiñante. Unha reflexión sobre os distintos xeitos de enfrontarse a unha situación de crise: a supervivencia baseada no adormecemento dos nosos postulados éticos, ou o rico de poñer por diante de todo a nosa liberdade. Un exercicio de reflexión sobre o que non vivimos dende a situación que nos tocou vivir. Un achegamento ao imaxinario galego da peza de Sanchis Sinisterra, na que o idioma ten unha importancia capital no xeito en cómo se expresan os dous protagonistas, dependendo de a quén se dirixan. Un espectáculo que se nutre das tradicións galegas sobre o Alén, coas aparicións de defuntos, co fin de achegar o texto ao noso paradigma de cultura popular. Un espectáculo no que a música e a intepretación dos dous actores priman porriba do resto de disciplinas escénicas. A unión de dúas xeracións de intçepretaes galegos: Josito Porto, un dos actores galegos máis recoñecidos, e Melania Cruz, vinculada ás novas xeracións que xorden na Escola Superior de Arte Dramática de Galicia. 

 

 

FICHA ARTÍSTICA

 

ELENCO

Josito Porto: Paulino

Melania Cruz: Carmela

 

Música en directo: Sabela Dacal

 

ESCENOGRAFÍA E ILUMINACIÓN: Afonso Castro

VESTIARIO: Yaiza Pinillos

ATREZZO: Sabela Dacal y Yaiza Pinillos

DESEÑO GRÁFICO: Jose Lameiras

FOTOGRAFÍA: Alfonso Blanco

DRAMATURXIA: Nate Borrajo y Tito Asorey

AUXILIAR DE DIRECCIÓN: Nate Borrajo

PRODUCIÓN: Teatro de Adro y Escénate

DIRECCIÓN: Tito Asorey

 

ENLACES: 

 

ENTREVISTA A JOSITO PORTO 

 

ENTREVISTA A TITO ASOREY

 

 

 

 

 

 

 

bottom of page